Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2014

Arrinca a Escola de Emprendedores na Fundación Novacaixagalicia da Coruña

Un total de 17 futuros empresarios participaron na primeira xornada dos cursos.

Co obxecto de guiar as persoas con intencións de emprender o seu propio negocio, a Fundación Novacaixagalicia inaugurou onte a Escola de Emprendedores. Este proxecto, financiado con fondos europeos do plan Urbana C, foi impulsado dende o Concello co obxecto de contribuír ao desenvolvemento da economía local. «En principio, tiñamos a intención de investir en ladrillo, pero logo resultaba inviable e creo que xa temos moito», sinalou a concelleira de Emprego María Luisa Cid.

«Démoslle moitas voltas a cómo investir ese diñeiro e cremos que esta é unha das mellores. Porque non se trata de facer uns cursos, senón dunha formación a grande escala», explicou Cid que subliñou que, desta maneira, «un bo máster está ao alcance de calquera». Nese sentido, cabe sinalar que se trata dunha actividade gratuíta para as 17 persoas que o iniciaron.

A Escola de Emprendedores impartirá durante o 2014 e de forma gratuíta 1.830 horas de formación. Os cursos, seminarios e conferencias están dirixidos a emprendedores da Agra do Orzán, tanto desempregados como persoas con traballo que desexen mellorar o seu futuro profesional, e hai distintos formatos e niveis, dende os máis básicos ata os moi complexos, pero todos cun gran nivel de esixencia.

Os emprendedores dispoñerán en todo momento da axuda de mentores e coachers que lles farán un seguimento personalizado, analizando as súas capacidades. Ademais, a diferenza doutras escolas, na Escola de Emprendedores non son os alumnos os que elixen qué curso facer, xa que é o propio centro o que decide qué programa formativo deben realizar en función dos seus perfís.

 

Fonte: La Voz de Galicia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión