15 de xuño de 2013
O Concello coruñés e a ONG asinaron un acordo de colaboración dentro do programa Urbana C.
Visto e prace do Goberno municipal ao convenio con Ecos do Sur para que esta ONG asesore e informe os inmigrantes da Agra do Orzán. Ademais tratará de promover a súa integración laboral dentro do plan Urbana C, que está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
Fontes municipais indicaron que esta actuación forma parte dunha estratexia coa que pretende «crear espazos comúns de intercambio de experiencias, recursos e iniciativas para todas as persoas que viven no barrio, xa que se trata da zona da cidade na que conviven máis nacionalidades e dun espazo cunha elevada densidade demográfica: viven un de cada dez coruñeses e no propio barrio 1 de cada 10 residentes son inmigrantes».
O acordo municipal con Ecos do Sur ten como a súa principal finalidade «o desenvolvemento de accións de dinamización sociocultural, itinerarios personalizados de inserción social e laboral, iniciativas emprendedoras, asesoramento social, mediación intercultural e apoio psicolóxico na zona da Agra do Orzán», indican dende o Concello coruñés.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible