Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2023

O Concello aproba o proxecto de rehabilitación das fachadas do CEIP Víctor López Seoane por máis de 500.000 euros

Trátase dunha actuación integral no exterior do edificio que permitirá un aforro do 30% de consumo de enerxía

O Concello da Coruña vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o proxecto para a rehabilitación e mellora enerxética das fachadas do CEIP Víctor López Seoane, no barrio de Monte Alto. O proxecto ten un orzamento de 568.226,27 euros e sairá a licitación nas vindeiras semanas. As actuacións levaranse a cabo en dúas fases. A primeira delas permitirá a substitución das ventás do edificio.

Trátase dunha actuación integral nas fachadas exteriores do edificio así como na cara superior da cuberta baixa, engadindo un novo sistema térmico exterior. Tamén se levará a cabo a substitución das carpintarías exteriores -fiestras e portas- por outras con mellor seguridade e illamento así como a retirada das reixas de seguridade que cobren a parte dos ocos nas fachadas do edificio. 

As actuacións teñen como obxectivo corrixir os problemas de illamento existentes polo deterioro e antigüedade do cerramento da fachada. Esta actuación permitirá mellorar as condicións climáticas do centro, cun mellor acondicionamento do espazo. Logo da rehabilitación estímase unha reducción de máis do 30% tanto o consumo de enerxía como de emisións de CO2. "Trátase dunha intervención coa que continuamos a mellorar as instalacións educativas da cidade ao tempo que acadamos unha maior eficiencia enerxética, renovando a envolvente e acondicionando o edificio térmicamente" explicou a alcaldesa, Inés Rey. Aínda que a educación pública é competencia da Xunta de Galicia, o Goberno local decidiu actuar no Víctor López Seoane ante o estado no que se atopa o centro, no que a Xunta non realizou os investimentos necesarios malias reiteradas peticións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión