4 de xuño de 2025
Os traballos de construción saíron hoxe a licitación. O investimento previsto é de máis de 720.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto e saída a concurso das obras de construción da nova beirarrúa que permitirá chegar desde o núcleo de Feáns ao cemiterio.
A alcaldesa contextualizou esta actuación e a súa importancia, "porque ao cemiterio é factible chegar no autobús urbano ou vehículo particular. Mais, a día de hoxe, ir camiñando desde a saída do núcleo de Feáns ata o cemiteiro só é posible facéndoo pola beiravía. Agora, ademais de gañarse espazos peonís, tamén se reforza a seguridade viaria, delimitando un percorrido específico para as persoas viandantes".
Os traballos saen agora a licitación e, cando se adxudiquen, a previsión é que se executen nun prazo de catro meses, aproveitando a marxe dereita da calzada en dirección ao cemiterio.
O investimento previsto polo Concello é de 720.000 euros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible