Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2023

O Concello dá a aprobación definitiva ao proxecto de urbanización no lugar de Pedro Fernández, en Pedralonga

Este proxecto, de promoción privada, recibiu a aprobación inicial da Xunta de Goberno Local no mes de abril de 2022

Este mércores resolveuse a aprobación definitiva do proxecto de urbanización dun espazo de 19.000 metros cadrados situado no lugar de Pedro Fernández, en Pedralonga, entre a avenida da Pasaxe, a avenida de Alfonso Molina e a rúa Luís Pita.

Este proxecto, de promoción privada, recibiu a aprobación inicial da Xunta de Goberno Local no mes de abril do ano pasado. Tras o prazo de información pública e a pertinente solicitude e emisión dos informes sectoriais, a Xunta de Compensación do polígono en cuestión achegou o proxecto de urbanización para avaliar a súa aprobación definitiva, que chega despois de que o Concello recibise o informe de impacto ambiental neste mes de febreiro, hai aproximadamente unha semana.

"Desta forma, o Goberno municipal desbloquea este proxecto de urbanización, que iniciou os seus trámites no ano 2008 e paralizouse ao longo dese tempo por cuestións técnicas e orzamentarias", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

Os traballos previstos no lugar de Pedro Fernández permitirán que un 58 % dos 18.700 metros cadrados urbanizados sexan de uso público para a cidadanía. Serán un total de 10.791 metros cadrados de espazos públicos, dos que máis de 3.200 metros cadrados serán zonas verdes e áreas de lecer e ocio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión