Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de febreiro de 2023

O Concello da Coruña remata as obras de renovación da rede de saneamento na rúa Cardenal Cisneros, na Sagrada Familia

O personal de Infraestruturas está a traballar, en paralelo, na remodelación da rede de saneamento no núcleo de Bens e no barrio da Zapateira

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, concluíu esta semana os traballos para renovar a rede de saneamento entre as rúas Cardenal Cisneros e González del Villar, no barrio da Sagrada Familia.

As obras, que comezaron a mediados de xaneiro, remataron cumprindo os prazos previstos de execución. Neste sentido, o Concello acometeu a substitución dos colectores, feitos con base de gres e con 200 mm de diámetro exterior, por uns novos, de PVC e cun diámetro máis amplo, de 315 mm.

A intervención centrouse especificamente no sector central de Cardenal Cisneros que conflúe coas rúas Sagrada Familia, San Lucas e González del Villar, nun tramo de case cen metros no que os colectores asociados á rede eran xa antigos.

As melloras en saneamento continúan en Bens e A Zapateira

Esta intervención na Sagrada Familia dá continuidade ao plan de melloras do saneamento que está a executar o Goberno de Inés Rey nos barrios da cidade, sempre baixo os parámetros indicados previamente, renovando o material dos colectores e apostando por un diámetro exterior que reforce a seguridade fronte a posibles fugas.

En paralelo á intervención xa concretada en Cardenal Cisneros, o persoal de Infraestruturas traballa actualmente para remodelar a rede de saneamento no núcleo de Bens e no barrio da Zapateira.

Ademais, e tamén recentemente, a mediados de decembro do ano pasado, executáronse intervencións de mellora na rede de saneamento das rúas José Cornide, no Ensanche; Médico Devesa Núñez, en Lonzas, e Albert Camus, situada no barrio de Monte Alto, na contorna da Domus e o Paseo Marítimo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión