3 de decembro de 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación dos traballos, que contan con financiación europea
Novo pulo ao Plan de Barrios 2025-27 impulsado polo Concello, que hoxe aprobou na Xunta de Goberno Local a adxudicación da segunda fase das obras de reurbanización no grupo de vivendas María Pita, no barrio de Labañou, cun investimento previsto de case un millón de euros.
A alcaldesa, Inés Rey, informou en rolda de prensa da liña de acción que se seguirá nesta nova fase, a segunda das cinco que están planificadas para revitalizar os espazos públicos deste núcleo residencial de Labañou, con actuacións en rúas como Tomás Fábregas: "Apostamos por gañar máis accesibilidade para as veciñas e veciños e a implementación de medidas de reforzo da seguridade viaria na contorna dos bloques de vivendas. Tamén melloraremos as infraestruturas da zona e incrementaremos as áreas verdes e superficies de lecer para a veciñanza con respecto ás que hai agora".
Os traballos, que contan con financiación europea a través dos fondos Next Generation, serán executados pola UTE Citanias - Aglomerados y Construcciones Valdeorras, adxudicataria do contrato tal e como se notificou hoxe na Xunta de Goberno Local.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible