Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2024

O Concello substituirá as tarimas de madeira na praza da fonte de Santa Catalina por enlousado de pedra, para reforzar a seguridade peonil

Con esta intervención, que complementa as obras de reurbanización de San Andrés, o Goberno de Inés Rey dá resposta a unha solicitude cidadá, mellorando un enclave susceptible de escorregamentos en días de choiva

O Concello acometerá nas vindeiras semanas os traballos de substitución das tarimas de madeira existentes na praza da fonte de Santa Catalina, superficies que está previsto adecuar coa disposición de novas lousas de pedra.

Actualmente, na praza da fonte de Santa Catalina hai dúas zonas con pavimento de listóns de madeira, deterioradas pola súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas. A progresiva erosión dos listóns derivou, co paso do tempo, nun risco para a seguridade das e dos peóns, polo índice de escorregamento da superficie en días de choiva ou humidade.

Por este motivo, o Goberno de Inés Rey daralle resposta ás solicitudes da cidadanía mudando o firme de madeira por un enlousado de pedra, que contribuirá tamén á mellora da estética xeral da praza. Neste sentido, cómpre lembrar que na intervención está previsto respectar as ablaqueacións existentes, así como os seus bordos perimetrais.

Esta medida complementa ás obras de reurbanización de San Andrés postas en marcha este mesma semana polo Goberno de Inés Rey, que convertirán a rúa nun bulevar con 80 moreiras, recuperando a súa configuración orixinal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión