Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Vivenda e rehabilitación

    As actividades e liñas de actuación en materias de rehabilitación urbana teñen como obxecto a posta en valor e en uso de elementos da trama urbana e do parque inmobiliario que quedan obsoletos, degradados ou infrautilizados.

    Nos últimos anos o Concello da Coruña impulsou a rehabilitación de inmobles mediante a concesión de subvencións tanto en áreas declaradas como de rehabilitación integral como no resto do municipio. Á vez coordináronse con actuacións de reurbanización urbana encamiñadas a dinamizar distintas zonas da cidade. De entre elas pódense destacar as actuacións levadas a cabo en áreas como a Sagrada Familia, Birloque, Palavea, Mariñeiros, Fernández Latorre ou Vivendas Virxe do Carmen.

    Na actualidade, dende o Servizo de Vivenda e Rehabilitación tramitamos todos os expedientes de subvencións nas distintas áreas de rehabilitación declaradas, así como en edificios de máis de 50 anos e edificios catalogados. Estas axudas comprenden actuacións en elementos comúns, habitabilidade das vivendas, reforma de locais en áreas de rehabilitación e urbanización dos espazos públicos.

    Tamén se efectúan actuacións puntuais sobre necesidades relacionadas coa vivenda na cidade da Coruña, reforma e rehabilitación de patrimonio municipal así como xestión das vivendas municipais en réxime de arrendamento.

    Así mesmo no actual parque inmobiliario existen moitos inmobles que carecen dos servizos básicos de accesibilidade, sendo particularmente importante a falta de dotación do servizo de ascensor. É por iso que as distintas administracións non son alleas a esta realidade e queda reflectida a súa crecente implicación no fomento de favorecer as obras que implican mellora da accesibilidade facendo especial mención a aqueles casos nos que se ven implicadas as persoas maiores ou discapacitadas.

    Dende o Servizo de Vivenda e Rehabilitación non somos alleos a esta realidade e por iso foméntase a instalación de ascensores mediante subvencións específicas para a súa instalación ou adaptación á normativa vixente.

    • Logo pé
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?