Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación xestiónanse as actuacións de rehabilitación financiadas a través do programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - Next GeneretionEU nas Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP).
Ao amparo do Acordo da Comisión Bilateral do 11.05.2023 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello da Coruña, fináncianse actuacións nas seguintes Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada:
1.º - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
As actuacións subvencionables con cargo ao programa serán as definidas no artigo 14 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. En síntese, son subvencionables as obras ou actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente residencial para vivenda, incluídas as vivendas unifamiliares, nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética.
Abordará, entre outras, as seguintes actuacións:
Ademais, os edificios obxecto deste programa deberán cumprir os requisitos definidos no artigo 11 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.
2.ª- CALES SON OS REQUISITOS DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES?
Para ser subvencionables, as actuacións de mellora de eficiencia enerxética deben cumprir os seguintes requisitos:
Débense realizar en inmobles situados nalgún dos ERRP declarados no Concello da Coruña.
Coas obras realizadas débese obter unha redución de, polo menos, o 30% do consumo de enerxía primaria e o 25% de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración.
As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de febreiro de 2020 e deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026.
No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, esíxese que polo menos o 50% da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, debe ter uso residencial de vivenda e que as actuacións conten co acordo da comunidade de persoas propietarias.
Ademais, no momento de presentación da solicitude deberase contar co título habilitante correspondente, licenza ou comunicación previa, ou ben coa súa solicitude, que recollerá as actuacións para as que se solicite subvención.
3.º- QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?
Poderá ser beneficiario desta axuda quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un.
Cando se trate de comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, se fose o caso, dos locais comerciais ou campos doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto a da letra e) dos citados artigos, relativa á obriga de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, aínda que non se poderá proceder ao pago da axuda en tanto non se acredite estar ao corrente do cumprimento das devanditas obrigas, de conformidade co disposto no artigo 6.1 de Real decreto 853/2021 e no artigo 21.3 da Resolución IGVS do 8 de xullo de 2022.
4.º- CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?
A contía destas axudas determinarase en función do aforro enerxético que se consiga coas actuacións, segundo os criterios de fixación de contías establecidos nas seguintes táboas:
Aforro enerxético conseguido coa actuación |
Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación |
Vivenda |
Locais comerciais ou outros usos |
Contía máxima da axuda por vivenda |
Contía máxima da axuda por m2 |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
40 |
8.100 € |
72 € |
45%≤∆Cep,nren<60% |
65 |
14.500 € |
130 € |
∆Cep,nren≥60% |
80 |
21.400 € |
192 € |
Ademais tense en conta o nivel de renda, de forma que se poderá financiar ata o 100% do investimento en función dos ingresos do IPREM das persoas solicitantes.
Para edificios de vivendas colectivas:
Ingresos en veces IPREM ponderado |
Edificio |
Axuda por vivenda en función do aforro enerxético |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
45%≤∆Cep,nren<60% |
∆Cep,nren≥60% |
||
Entre 2,6 e 2,1 |
% axuda |
60% |
75% |
90% |
Contía máxima |
12.150 € |
16.731 € |
24.075 € |
|
Menor ou igual a 2,1 |
% axuda |
100 % |
100 % |
100 % |
Contía máxima |
20.250 € |
22.308 € |
26.750 € |
Para vivendas unifamiliares:
Ingresos en veces IPREM ponderado |
Vivenda unifamiliar |
Axuda por vivenda en función do aforro enerxético |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
45%≤∆Cep,nren<60% |
∆Cep,nren≥60% |
||
Entre 2,6 e 2,1 |
% axuda |
60% |
75% |
90% |
Contía máxima |
13.530 € |
18.404,1 € |
26.482,5 € |
|
Menor ou igual a 2,1 |
% axuda |
100% |
100% |
100% |
Contía máxima |
22.550 € |
24.538,8 € |
29.425 € |
No caso de obras nas que haxa retirada de amianto daranse, adicionalmente, 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio ata o importe do custo que supoña a súa retirada.
5.º- CANDO SE PODEN SOLICITAR?
A convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU nos ERRPs declarados no Concello da Coruña serán publicadas no BOP da Coruña e nesta web.
O prazo de presentación de solicitudes empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña.
6.º- ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Correo electrónico: subvencionsbarrios@coruna.gal
Teléfono: 981 184 200, 010
Presencial: Oficina Municipal de Rehabilitación - rúa de Veeduría, 2, 2.ª planta
7.º- NORMATIVA APLICABLE E DOCUMENTACIÓN RELACIONADA:
- Plan director de rehabilitación integrada (PDRI) do Barrio das Flores
8.º- CONVOCATORIA E EXTRACTO:
6 de xuño de 2025
O prazo de solicitude estará aberto desde o 07.06.2025 ata o 07.07.2025 e poderanse presentar solicitudes para aquelas actuacións que, cumprindo cos requisitos recollidos na convocatoria, se iniciasen despois do 01.02.2020 e rematen antes do 30.06.2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible