6 de xuño de 2025
O prazo de solicitude estará aberto desde o 07.06.2025 ata o 07.07.2025 e poderanse presentar solicitudes para aquelas actuacións que, cumprindo cos requisitos recollidos na convocatoria, se iniciasen despois do 01.02.2020 e rematen antes do 30.06.2026.
No Boletín Oficial da Provincia do 06.06.2025, publicouse o extracto da Convocatoria, e o seu texto íntegro pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións co número 836961 a través da seguinte LIGAZÓN
O prazo de apertura para presentar as solicitudes é desde o 07.06.2025 ata o 07.07.2025.
Poderanse presentar á convocatoria aquelas actuacións que, cumprindo cos requisitos, se iniciasen despois do 01.02.2020 e rematen antes do 30.06.2026.
As persoas físicas ou xurídicas que estean obrigadas a presentar a solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberán presentar a solicitude por vía telemática, e poderán facelo a través dun procedemento específico definido na Sede electrónica do Concello da Coruña, do cal se lles facilita a ligazón no pé desta noticia.
Recoméndase a atenta lectura da convocatoria íntegra para a correcta presentación da solicitude e da documentación que deben presentar para cada actuación para a que se solicite a axuda.
Pode formular calquera consulta en relación con esta convocatoria a través do correo electrónico subvencionsbarrios@coruna.gal
Ligazóns á tramitación do expediente a través da sede electrónica:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible