Concello da Coruña

Concello da Coruña

Declaración Zona Mercado Residencial Tensionado

A Xunta de Galicia, a través da Lei 10/2023, de 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, establece os condicionantes que deberán ter en conta os concellos para a solicitude de declaración de zona de mercado residencial tensionado.

O marco lexislativo desta declaración de ZMRT é a Lei 12/2023, de 24 de maio, polo dereito á vivenda, que supón a posta en marcha de diferentes instrumentos para facilitar o acceso únaa vivenda digna e alcanzable por parte de toda a cidadanía. Un dos instrumentos previstos é a posibilidade de limitar temporal e excepcionalmente o prezo da renda dos contratos de aluguer de vivenda. Este mecanismo require a previa declaración do ámbito territorial no que se atopen as vivendas afectadas como zona de mercado residencial tensionado (ZMRT).

Esta Lei tamén fai fincapé da necesidade de incrementar a oferta de vivenda especificamente alcanzable esencialmente a través da promoción e preservación do parque de vivendas de protección oficial así como abrindo a posibilidade doutras tipoloxías de vivenda alcanzable.

Dado que na actualidade non existe un parque de vivenda alcanzable con dimensión e estabilidade suficientes que poida dar resposta ás necesidades da poboación, a Lei incorpora como medida de choque e coa finalidade de actuar no mercado de forma provisional e temporal o instrumento da declaración de ZMRT, cuxo efecto máis coñecido, aínda que non o único, é a posibilidade de limitar o prezo da renda dos novos contratos de arrendamento de vivenda que se celebren nesas zonas.

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión