SESIÓNS PARA MAIO E XUÑO DE 2026
A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.
Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta, que se fará cargo dun máximo de dous menores.
Para público en xeral
Dende o 16/05/2026 ata o 28/06/2026
Reserva de entradas a partir das 9.00 horas do luns 11 de maio, nesta ligazón.
Das 11.00 ás 12.30 horas, os días:
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
156 prazas en total, 12 prazas por sesión
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.
Require reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9.00 horas do luns 11 de maio, premendo aquí.
O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións de maio e xuño de 2026 da actividade «Aventura coas focas».
Trátase dun obradoiro de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade, participarase na preparación dos alimentos e accederase ás plataformas exteriores, onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figuren o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta, que se fará cargo dun máximo de dous menores.
Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderá realizar partir do luns 11 de maio, ás 9 da mañá nesta ligazón.
As entradas pagaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

10/05/2026

10/05/2026

Dende o 19/03/2026 ata o 10/05/2026

11/05/2026

Dende o 11/05/2026 ata o 12/05/2026
Dende o 04/05/2026 ata o 10/05/2026
Inscrición en liña

Dende o 11/05/2026 ata o 12/05/2026
Dende o 04/05/2026 ata o 11/05/2026
Inscrición en liña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible