Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Comedia sen título", de Setestrelo Teatro

Setestrelo Teatro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/06/2026

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

5,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Cultural de Persoas Cegas e con Discapacidade Visual de Galicia

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Lorca estaba a traballar en "Comedia sin título" cando foi asasinado. Da súa fascinante e revolucionaria peza só se conserva o primeiro acto, pero xa revela unha crítica social do poder e unha mirada intensa sobre a sociedade: a falta de sensibilidade, a cegueira cara aos demais, a hipocrisía da caridade, o uso da relixión como xustificación de todo... Ao mesmo tempo, cuestiona o teatro tradicional e decadente, propoñendo un cambio radical: achegar a realidade, derrubar as barreiras do falso e tocar o que latexa dentro de cada persoa espectadora.

"Por que imos ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa?"

Todo ocorre no teatro, durante un ensaio do soño dunha noite de verán, e de súpeto, nas rúas estala unha revolución: necesaria, inevitable... e capaz de removelo todo por dentro.

XÉNERO: Drama social / Teatro experimental

PÚBLICO: a partir de 13 anos

DURACIÓN: 50 minutos

REPARTICIÓN:

Titania/actriz: Sandra González

Nick-Bottom / Tramoyista

Lucas Tank / Ángela Comesaña

Flor de Guisante. Sonia Orge

Autora: Carme Rigau

Espectadora I. Maricarmen Novelle

Camareira/muller de negro: Mucha Pereira

Mozo: Aless Comesaña

Apuntador: Julián Vega

Espectadora II: Inma Almeida

Espectador: Rogelio Estévez

Lúa de Shakespeare: Vanessa Glemsel

Espectadora III: Puri Combarros

Deseño de escenografía e iluminación: Juan Bas

Deseño de cartel: Juan Hernández

Revisión lingüística: Vanessa Glemsel

Deseño de vestiario, dramaturxia e dirección: Mónica Sueiro

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 h antes
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión