Actividade enmarcada no programa de divulgación científica: PARA SABER +
Personas adultas, Juvenil
25/04/2022
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar a capacidade.
Das 19.00 h ás 20.30 h
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xorde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d.
Este grupo desenvolve unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.
O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19.00 h na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar a capacidade.
O luns 25 de abril temos a segunda charla do programa:
A ciencia detrás do vandalismo urbano
Con Dimas López Martínez
Pintadas nas paredes, queima de papeleiras, fluídos corporais humanos e animais, bancos rotos. Os actos vandálicos están á orde do día. Pero máis aló do que supón económica e eticamente, que ciencia hai detrás de todo isto? A que niveis nos prexudica e prexudica a biodiversidade dos nosos pobos e cidades?
Ola! Eu son Dimas. Son estudante de bioloxía e un friki da microbioloxía e a inmunoloxía, por iso onde exista un problema cos antibióticos ou as bacterias alí estarei eu fisgando. Encántame a música, canto todo o día (aínda que iso non lle guste á xente...). Sempre estou a buscar novas formas de divertirme divulgando, son un «cu inquieto», aínda que tamén descanso para tomar unha cervexa coas amizades.
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible