#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
09/11/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 09 de novembro ás 19 h. temos, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro Mírame cuando me mientas, de Lydia Parga.
Acceso libre até completar capacidade.
SINOPSE:
Mírame cuando me mientas é unha novela psicolóxica ambientada na Coruña que segue a Mauro e Cecilia, dous personaxes unidos por unha relación na que a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras van deformando pouco a pouco a realidade. A historia explora todo aquilo que intentamos ocultar, incluso de nós mesmos, e a fraxilidade das relacións cando xa non sabemos distinguir o que está pasando do que necesitamos crer. Porque podemos mentir coas palabras, pero hai cousas que os ollos sempre acaban contando.
Lydia Parga é autora independente da Coruña. En maio de 2026 presentou no Fórum Metropolitano Caer para ser, a súa primeira obra. Agora regresa con Mírame cuando me mientas, a súa segunda publicación e unha novela psicolóxica ambientada na cidade, centrada nas relacións, a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras.
Tamén che pode interesar

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

05/10/2026
Acceso libre ata completar a capacidade

Os días 30/09/2026 ás 18:00 , 14/10/2026 ás 18:00 , 21/10/2026 ás 17:00
Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026
REQUISITOS
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.

12/11/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible