Actividade enmarcada programa de divulgación científica: PARA SABER +
Personas adultas, Juvenil
28/03/2022
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar capacidade.
De 19.00 h. a 20.30 h.
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d.
Este grupo vén desenvolvendo unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.
O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19 h. na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar capacidade.
O luns 28 de Marzo temos a primeira charla do programa:
Bosques ou plantacións? A perda de biodiversidade en Galicia
Con Carlos Alcalde Azpiazu e Juan Pinto Lojo
A biodiversidade do planeta está a perderse a pasos axigantados en todo o mundo debido ás actividades humanas. En Galicia, está perda está a suplirse con plantacións de diversas especies. Cales? Que supón isto? Recuperaremos biodiversidade ou pola contra perderase aínda máis?
Ola, son Carlos Alcalde, biólogo e estudante de máster na UDC, aínda que todos sabemos que estou aquí pola divulgación e a xente. Gústanme moito os videoxogos, de feito considérome gamer, aínda que tamén a lectura, o cinema (sobre todo películas de superheroes, o meu favorito é Thor) e sobre todo a festa (sen tele e sen cervexa, Carlos perde a cabeza).
Son estudante de Bioloxía e Química, con especial interese na Bioloxía molecular e a Biotecnoloxía. Proximamente, gustaríame converterme en profesor e transmitirlles aos meus alumnos o interese científico que, algunha vez, transmitíronme a min, dunha forma amena e sinxela. No meu tempo libre gústame ler, escribir e debuxar, escoitar música... saír de paseo (especialmente, pola natureza)... pero sobre todo, gústame pasar o tempo rodeado da miña familia e amigos.
También te puede interesar

09/12/2025 a las 19:00
Desde el 01/12/2025 hasta el 09/12/2025
Entrada libre hasta completar el aforo de la sala

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible