Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Charla: O barrio, o ruido, o zen e zazen: a práctica do budismo na Agra do Orzán

Charla divulgativa sobre a práctica do budismo na Agra do Ozán a cargo do mestre zen Daniel Ungo.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

06/06/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 12.30 a 14.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

Tel.: 981 189 886

O sábado 6 de xuño ás 12.30 h a Biblioteca Municipal Ágora acolle a charla divulgativa "O barrio, o ruído, o zen e o zazen", un encontro para presentar á veciñanza un novo espazo dedicado á práctica do Budismo Zen e a meditación zazen.

Daniel Ungo, mestre zen da liñaxe Deshimaru, funda no barrio do Ventorrillo un Dōjō para a práctica do zen e a meditación zazen nas galerías da Ronda de Outeiro.

Nesta charla dará a coñecer o Dōjō á veciñanza, así como tamén amosará en que consiste o budismo zen e a práctica da meditación zazen.

Sobre o mestre zen Daniel Ungo

Daniel Ungo atopa a Vía do Buda no ano 2001 a través dunha iniciación no Mokusan Dōjō de Madrid. Constantemente presente na práctica cotiá do Dōjō así como nas sesshin (retiros) do templo Shorin-ji en La Vera (Cáceres) baixo a educación da súa mestra Bárbara Kosen, de quen recibiu a ordenación de Bodhisattva (practicante zen laico) en 2007, a ordenación de monxe zen en 2008 e a transmisión do Dharma Shiho) en 2023, sendo actualmente mestro zen da liñaxe Deshimaru.

No ano 2021 trasládase a Galicia, onde crea varios centros ata que, en 2026 instálase na Coruña e pon en marcha o Dōjō Ryu-Sansui,  novo centro estratéxico desde o cal expandir a práctica de Zazen en Galicia.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión