Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

David Perdomo

Monólogos no Fórum

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

7,00 euros (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 6,00 euros)

Venda anticipada ata o día anterior ao espectáculo ás 23.59 h: 5,00 euros.

Televenda:

Ticketea

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Estudou no Colexio Peñarredonda (A Coruña) e aos 19 anos comezou os seus estudos de Arte dramática na Escola Casa Hamlet da Coruña.

Durante os catro anos que estivo a se formar como actor, participou nalgunhas curtas e obras de teatro. Ao acabar no ano 2003, realizou diversos cursos en diferentes escolas de formación e especialización nos que chegou a ser alumno de Leo Bassi ou Churri Silva.

A súa popularidade foi crecendo en Galicia debido ás súas esporádicas aparicións na televisión autonómica e polos seus coñecidos e improvisados monólogos.

No ano 2009 comeza a traballar xunto a Xosé Touriñán e Roberto Vilar en Land Rober, exitoso programa galego. No ano 2010 a súa popularidade dispárase grazas a unha serie emitida unicamente en internet na que interpreta diversos personaxes entre os que destaca "Koruño".

Un ano máis tarde, no 2011, recibe unha proposta de traballo por parte da produtora Mandarina para participar no programa "No le digas a mamá que trabajo en la tele" xunto aos cómicos Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia.

Considérase músico por encima de calquera outra profesión, foi vocalista de diversos grupos ao longo da súa vida e actualmente forma parte de Brainwash, unha banda de death metal ferrolá. Impartiu clases de interpretación e improvisación en Santiago de Compostela organizado por Caja Negra Producciones.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Tamén che pode interesar...

  • Cartaz

    Ciclo Principal: Los dos Hidalgos de Verona

    Cando:

    Dende o 05/06/2026 ata o 06/06/2026

  • Amoriños 2026

    Amoriños – Touriñán e Perdomo

    Cando:

    Dende o 05/06/2026 ata o 07/06/2026

  • “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma

    “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma

    Cando:

    09/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • A voar, de Cé Orquestra Pantasma

    "A voar", de Cé Orquestra Pantasma

    Cando:

    10/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 06/03/2026 ata o 10/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Cartaz

    Iribarne: Xira despedida

    Cando:

    Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026

  • Comedia sen título 26.06.2026

    Comedia sen título de Sestrelo Teatro

    Cando:

    26/06/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión