Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O cartelismo de Xosé Vizoso nas festas populares

O venres 4 de agosto, ás 20.30 h, a galería Monty4 inaugura a exposición "O cartelismo de Xosé Vizoso nas festas populares", na que mostraremos unha selección dos carteis que Xosé Vizoso ten deseñado para as festas populares en distintas localidades de Galicia. Mostrarase tamén o cartel alternativo que Vizoso deseñou, dentro da temática desta mostra, para estas festas de María Pita 2017.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/08/2017 ata o 01/09/2017

Xa rematou

Horario:

de luns a venres, de 11.00 a 15.00 y de 17.00 a 20.00 h

Enderezo:

Galería Monty4. Rúa Montroig 4, Bj. 15001 A Coruña

Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950) foi durante máis de 40 anos o deseñador principal da fábrica de cerámica de Sargadelos. Man dereita de Isaac Díaz Pardo quen o acolleu baixo a súa tutela e con quen compartiu unha longa e fructífera amizade.

Vizoso é un creador multidisciplinar. O seu talento asómbranos no debuxo, na escultura, na cerámica, no deseño gráfico, cunha producción tan extensa como o seu talento. Nesta exposición, e só pola necesidade de concretar nalgunha das súas facetas, fixamos a atención na súa extensa e excelente produción como cartelista.

Texto de Jesús Montero: O CARTELISMO DE XOSÉ VIZOSO NAS FESTAS POPULARES

...Os carteis de Vizoso van moito máis alá dun anuncio, da noticia dunha festa, da información de urxencia sobre un evento social ou cultural. Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artísticas para contemplar con lecer, con delectación estética. Non son para persoas apuradas, senón para analizar con detalle con ollada inevitablemente admirativa.

Xose Neira Vilas (Fragmento do texto para o catálogo da exposición Xose Vizoso. Carteis 1970-2014)

Xosé Vizoso da Fonte Vella de Mondoñedo, nado en mil novecentos cincuenta, en tempo e terras nas que os menciñeiros curaban doenzas falando, sen sangrados, e os corvos e merlos piaban en latín, segundo nos contaba don Álvaro, o fillo de don Xaquín Cunqueiro, o boticario.

Fornido, corpulento, gasta mostacho espeso húngaro, respiración rasgada e, no verán, sombreiro panamá. Góstalle a conversa franca, pausada e con matices; o viño tinto para se espallar e, de cando en vez, bota de menos un pito.

No bacheralato estimulouno na vocación artística o seu profesor e escultor valenciano Juan Puchades, e no ano 1968 foi dos primeiros alumnos que se integraron no Gabinete de Diseño da Fábrica de Sargadelos, seguindo as pegadas iniciadas por Seoane e Díaz Pardo. Anos que, segundo conta Andrés Varela, foron de ilusionado traballo, xa que estaba todo por facer, e ninguén poñía límites ás tarefas porque todos presentían, en maior ou menor grao, que estaban colaborando en algo importante para Galicia. Pero non me vou seguir espallando na súa vida, que Vizoso xa ten biógrafos dabondo.

Este demiurgo, home de talentos, está a levar unha prolífica traxectoria en case que todos os eidos do universo plástico (debuxo, escultura, cerámica, ilustracion, grafismo, cartelismo...) sempre caracterizada pola estilización das formas, unha moi persoal caligrafía e a profunda raizame na identidade e a cultura galegas. Os carteis de Vizoso contan historias, transmiten sensacións e estados de ánimo que convidan a participar nas xoldas das Queimadas, as San Lucas, Santa Minia, o San Roque...

Agora vive en Brión de Arriba, nunha casa illada, doada para o seu cotío, argallando coma sempre nas funcións, nas formas, nas cores, nas texturas e nas mensaxes dos carteis das festas populares.

Jesús Montero, A Coruña, agosto 2017

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión