Unha actividade complementaria ás xornadas de portas abertas nos estudios, realizadas a pasada fin de semana, ofrecendo unha visión conxunta e representativa do traballo dos e das artistas participantes.
Para público en xeral
Dende o 11/06/2026 ata o 12/07/2026
Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h
Sala de exposicións PALEXCO. Paseo Asociación de la Prensa s/n. 15003 A Coruña
Paseo Asociación da Prensa, s/n
15003 A Coruña
Teléf.: (34) 981 228 888
A través de máis de 60 artistas, albergados en 56 estudios, a mostra permite achegarse á diversidade das prácticas artísticas que conforman o panorama creativo da cidade da Coruña.
Na exposición estarán representadas distintas disciplinas, como pintura, escultura, fotografía, ilustración, cerámica e propostas de carácter multidisciplinar, o que reflicte a riqueza de linguaxes e enfoques presentes entre os e as creadoras locais.
Este proxecto expositivo ten como finalidade reforzar a visibilidade do tecido artístico coruñés, á vez que facilita un espazo de encontro entre artistas e cidadanía. Así, complétase a experiencia de Estudios Abertos, amplíase o acceso ás obras e contribúese a unha mellor comprensión dos procesos de creación contemporánea desenvolvidos na cidade.

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible