Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Eugenio Ampudia. Unha corrente de aire.

Eugenio Ampudia é na actualidade un dos artistas españois máis recoñecidos. O seu traballo multidisciplinar recibiu no 2008 a bolsa The Delfina Foundation (Londres) e o Premio AECA ao mellor artista español vivo representado en ARCO08.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/03/2015 ata o 21/06/2015

Xa rematou

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Organiza:

MAC
O seu traballo indaga, baixo unha actitude crítica, sobre os procesos artísticos, o artista como xestor de ideas, o papel político dos creadores, o significado da obra de arte, as estratexias que permiten poñela en pé, os seus mecanismos de produción, promoción e consumo, a eficacia dos espazos asignados á arte, así como sobre a análise e experiencia de quen as contempla e interpreta.

As súas obras expuxéronse internacionalmente en lugares como ZKM, Karlsruhe, Alemaña; Jordan National Gallery of Fine Arts, Ammán, Xordania; Museo Carrillo Gil, México; Boston Center for the Arts, Boston (MA), Estados Unidos; Ayala Museum, Manila, Filipinas; e en Bienais como a de Singapur, A Habana, a Bienal da Fin do Mundo. E forma parte de coleccións como as do MNCARS, MUSAC, ARTIUM, IVAM, La Caixa, entre outras.

No MAC presenta por primeira vez Unha corrente de aire, obra que dá título a toda a exposición e na que aborda unha das súas obsesións, as bibliotecas e os libros, moi presentes ao longo do percorrido expositivo.

Así mesmo, a mostra reúne por primeira vez todas as pezas da súa serie máis ampla ata a data: Onde durmir, na que o artista estivo pasando a noite dende o 2008 en diversos lugares icónicos da cultura e a historia da arte como o Museo do Prado, a Alhambra ou o Palau da Música.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión