Suárez proponse a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así en pequenos descubrimentos. En paréntese onde reinan a paz e a harmonía do natural.
Para público en xeral
Dende o 17/06/2026 ata o 12/07/2026
Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.
Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
Palacio Municipal de María Pita .
Praza de María Pita 1.
15001 A Coruña
Tfno +(34) 981 189 898
Mostra do artista Manuel Suárez composta por 14 pezas sobre lenzo ou táboa e que explora a liberdade creativa cun especial interese pola evocación do natural e o salvaxe como vehículo cara ao sentimento e a reflexión.
Manuel Suárez é, sen dúbida, un dos nomes propios desa escena vibrante que pon A Coruña no foco da creatividade. A súa inconfundible man vese, sente neste cuarto no que Suárez proponse a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así na verdadeira porta de entrada á fábula "unha fábula que non existe e que, probablemente, non ten outro ensino que esta verdade universal: se te dedicas á arte, deber ser completamente libre; doutra maneira, algo non funciona", palabras de Suárez, que tamén é o comisario da exposición.
A través desta parede principal, accédese a uns xardíns cheos de calma: descanso, luz, calor, atardecer estival, gozo. Con esta mirada, Suárez propne unha viaxe particular e profunda cara un "proceso creativo no que as fábulas se pechan con ensinos de libre elección ou mesmo, con ausencia destas; co sentimento radical de contemplar algo que acende unha pequena chama nalgún lugar do noso interior", en palabras de .. Inés Rey

Dende o 11/06/2026 ata o 12/07/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible