Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

JOSE LUIS PERALES "Calma"

Tras catro anos de ausencia, José Luis Perales comezou o pasado día 7 de maio en Valencia unha intensa xira por España que se prolongará ata o mes de setembro polas principais cidades españolas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/09/2016

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

35'00 € (visibilidade lateral), 40'00 €, 45'00 € e 50'00 €

Esta xira servirá para presentar o seu novo traballo discográfico "CALMA", acompañado por un grupo de sete músicos, todos eles de primeiro nivel, e unha posta en escena moi sinxela, onde o máis importante será a bagaxe musical do artista, e onde non faltarán os seus éxitos xunto ás súas novas composicións.

José Luis Perales é, indiscutiblemente, un dos autores máis prolíficos e exitosos na escena española dos últimos 40 anos.

Ademais dos seus propios traballos, o cantautor de Cuenca escribiu cancións inesquecibles para innumerables artistas como Jeanette, Pecos, Mocidades, Paolo Salvatore, Miguel Bosé, Raphael, Paloma San Basilio, Isabel Pantoja, Julio Iglesias, Azúcar Moreno, Lola Flores e un longo etc.

É sen dúbida o cantautor hispano máis versionado do mundo, e as súas letras son poesías que falan do amor, a nostalxia e a paz. Perales realizou 27 producións musicais e rexistrou máis de 510 cancións.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto.

No servizo de venda de entradas de Ataquilla.com, por internet en http://www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, nos centros culturais AFUNDACION (Cantón Grande na Coruña)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión