Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Juana de Vega. Vizcondesa do arado

Pre-estrea da película de Zenit Televisión dirixida por Zaza Ceballos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2017

Xa rematou

Horario:

20 h

Duración:

101 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíta con invitación

En 1871, Juana de Vega, tras unha vida intensa e xa ao final dos seus días, dita o seu testamento. A súa gran preocupación é deixar en marcha o seu último proxecto: unha Granxa Escola para os campesiños do lugar. Ante a curiosidade do avogado por este interese case obsesivo de Juana, a Condesa inicia o relato dunha das historias da súa vida. Anos atrás recibiu un encargo moi singular: educar a raíña Isabel II (entón unha nena de 11 anos) para facer dela a primeira raíña constitucional, unha raíña caritativa e xusta. Juana, firme crente no poder da educación, aceptará o encargo de formar a que se pasou a chamar "a alumna da liberdade".

Aos poucos, Juana intentará gañar a confianza da raíña-nena, no medio dun ambiente de conspiracións palacianas que desembocarán no intento de secuestro das infantas.

Con Sonia Castelo, Luisa Merelas, Rosalía Alonso, Carmela Pena, Adrián García, Blanca Cedán, Miquel Insua, Xoel Fernández, Fina Calleja, Iván Marcos, Lino Braxe, Casilda Alfaro, Iria Parada, Luisa Martínez, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Ana Sanmartín, Sergio Quintana e Carlos Olalla.

Dirección: Zaza Ceballos

*Recollida de invitacións no despacho de entradas da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión