Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ando na Coruña: O Lazareto e o Sanatorio de Oza

Nesta ocasión, dentro do programa Ando na Coruña, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais propón un percorrido polo que foi o Lazareto e o Sanatorio de Oza, da man de Carlos González Guitián, investigador con diversos traballos publicados e antigo bibliotecario do Servizo Galego de Saúde.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 30/09/2026 ás 18:00 , 14/10/2026 ás 18:00 , 21/10/2026 ás 17:00

Inscricións:

Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026

REQUISITOS

Inscrición previa

As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

Horario:

Programa:

1ª sesión: Contextualización da creación destas institucións (30 de setembro ás 18h.)

2ª sesión: Desenvolvemento e traxectoria do Lazareto e do Sanatorio de Oza (14 de outubro ás 18h.)

3ª sesión: Proxección no CGAI dun corto documental sobre o Sanatorio e Lazareto de Oza, ao que se añadirán fotos e comentarios aportados por Carlos González Guitián (21 de outubro ás 17h.)

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

20

Hashtag:

#LazaretoDeOza #ACoruña #HistoriaDaCoruña #AndoNaCoruña #Oza #BibliotecaDeEstudosLocais #BibliotecasMunicipais #DivulgaciónHistórica #MemoriaLocal

A primeira e segunda das sesións celebraránse na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, e nelas contextualizarase e presentarase o desenvolvemento e traxectoria destas dúas institucións. (2 horas)

A terceira sesión levará aos participantes á sala de porxeccións do CGAI, onde poderán ver un documental e diversas imaxes sobre o tema en cuestión e que serán comentadas polo especialista. (1 hora)

Carlos González Guitián é doutor en Historia pola Universidade de Valencia e licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ao longo da súa carreira profesional compaxinou a docencia como profesor asociado da Universidade da Coruña coa xestión de sistemas de información sanitaria, destacando o seu labor como xefe de servizo da Biblioteca do CHUAC e coordinador de Bibliosaúde, a Biblioteca Virtual de Ciencias da Saúde do Sergas. Así mesmo, foi cofundador e impulsor do portal sanitario Fisterra.com.

Como investigador, é autor dunha ampla produción científica centrada na documentación científica e na historia da medicina. Entre os seus traballos destaca a obra sobre a Real Expedición Filantrópica da Vacina, da que é coautor xunto con Fausto Galdo, así como diversos estudos sobre as institucións sanitarias da Coruña, entre elas o Lazareto de Oza e o Sanatorio Marítimo de Oza.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión