Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Os xoves na Sagrada: Sofía Espiñeira

Achégate a gozar de música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle unha ollada á sección de música.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/05/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

20.00 a 21.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Enrique Rodríguez

er.ordonez@coruna.es

981184392

Continuamos co ciclo de música entre libros "Os xoves na Sagrada", e cerramos esta temporada de primavera coa cantautora Sofía Espiñeira, unha mugardense que tras realizar estudos de xornalismo decidiu dedicarse de cheo ás artes escénicas, formándose en danza contemporánea, circo e teatro a través de distintas escolas. Desde o 2010 vén traballando con diversas compañías e proxectos, nos que se inclúe en moitas ocasións a música en directo. En abril do pasado ano resultou gañadora do II Certame de canción de autor en galego do concello de Teo, o que lle permitiu gravar o seu primeiro disco, "Alá onde agroman as herbas", e comezar a súa carreira como cantautora.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión