Poetas di(n)versos para o mes de novembro
Para público en xeral
26/11/2018
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuita
Mes a mes de maneira ininterrompida, a programación poética do Concello da Coruña continúa a reunir no Centro Ágora o mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo.
Este mes de novembro contaremos con Xiana Arias Rego e Víctor Rodríguez Núñez.
Xiana Arias
Naceu na Fonsagrada en 1983. Traballa como xornalista cultural na Radio Galega e forma parte da banda pop `Atrás Tigre´
Até o de agora, publicou os poemarios Ortigas (Espiral Maior, 2007) grazas ao Premio Xosé María Pérez Parall e Acusación (Galaxia, 2009). Con todo, textos seus aparecen tamén nos volumes colectivos Pirata (Brigadas de Intervención Rápida George Grosz, 2007), To the winds our sails. Irish Writers translate Galician poetry (Salmon poetry, 2010), Non conciliados, Argumentos para a resistencia cultural (Cineclube de Compostela, 2010), Capitalismo é um feito, revoluçom un direito (XXVI Festival de Poesía do Condado, 2012), Cantares para Rosalía (Consello da Cultura Galega, 2013), Novas de Poesía (Fundación Novoneyra, 2014), Fanzine Cona Vol 1 No 1 (Cona, 2014), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos, 2015) así como nas revistas Xistral, Dorna e, en moi pouco tempo, no segundo número da Revista Ligeira.
Recentemente participou como poeta do Festival dos Eidos no Courel e tamén no "Polvorín de versos" de Chan da Pólvora, en Santiago.
Víctor Rodríguez Núñez (1955), nado na Habana de orixes galegas, é poeta, xornalista, crítico, traductor e catedrático. Doutor en Literaturas Hispánicas pola Universidade de Texas en Austin, é profesor desa especialidade en Kenyon College, Estados Unidos.
Publicou dezaseis libros de poesía - case todos eles premiados e reeditados - os últimos dos cales son: Desde un granjero rojo (2013), Deshielos (2013), Despegue (2016), El cuaderno de la rata almizclera (2017 e 2018) e Enseguida (o la gota de sangre en el nivel (2018). Alén diso, complicacións da súa obra viron a luz en árabe, chinés, hebreo, inglés, italiano, francés, macedonio, serbio e sueco (e, seleccións algo menores de poemas, noutra ducia de linguas máis), así como en Arxentina, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Bolivia, Ecuador, España, Honduras e México.
Rodríguez Núñez ten amosado a súa obra en eventos literarios de máis de corenta países. En España recibiu os premios de poesía Renacimiento, Fray Luís de León (accésit), Leonor, Ricón de la Victoria, Jaime Gil de Biedma (accésit), Alfons el Magnànim e Fundación Loewe. Durante os anos 80 foi xefe de redacción da revista cultural cubana El Caimán Barbudo, onde publicou numerosos traballos sobre literatura e cine. Preparou tres antoloxías que definiron a súa xeración, así como La poesía del siglo XX en Cuba (Visor, 2011).
Ademais, traduciu poesía tanto do inglés ao español (Mark Strand, John Kinsella) coma do español ao inglés (Ida Vitale, Juan Gelman).

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible