Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación da segunda monografía do Instituto Cornide «Viaxeiros ao tren»

Fai cento cincuenta anos que o ferrocarril chegou á Coruña. As iniciativas para poder contar con este medio de transporte tiveron que superar numerosos obstáculos debido ás dificultades orográficas, de modo que houbo que esperar a mediados do século XX para ver completado o proxecto de conectar A Coruña con Madrid.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/06/2026, de 19:00 a 20:30

Inscricións:

Dende o 27/05/2026

Aforamento limitado. Prioridade de acceso para reservas confirmadas a través do correo electrónico: institutocornide@coruna.gal

Ao finalizar o acto de presentación farase entrega da publicación.

Duración:

60 minutos, aproximadamente

Enderezo:

Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Sala Leonardo dá Vinci da Domus

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

https://www.coruna.gal/ijcec/gl

Organiza:

Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses

Contacto:

institutocornide@coruna.gal

Tres autores, vinculados ao Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses e á Universidade da Coruña, colaboran en desentrañar a complexa trama política, social e económica -así como o reto empresarial e construtivo- que foi preciso superar e coordinar hai dous séculos para que as coruñesas e os coruñeses puidesen subirse ao tren.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión