Presentación do novo libro de Manuel Gago no auditorio do Fórum Metropolitano
Para público en xeral
29/04/2026
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Tel.: 981 184 298
O mércores 29 de abril ás 19.00 h, no Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega", de Manuel Gago, publicado por Morgante Edicións.
Acceso libre até completar a capacidade.
SINOPSE:
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías... ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.
A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.
Manuel Gago:
Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é xornalista, director de culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, profesor na facultade de Ciencias da Comunicación. É autor de ensaios como Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XX, libros de relatos como Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallacia, novelas como O anxo negro, O exército de fume e Nus (Xerais), e comisario de exposicións como Galicia 100. obxectos para contar unha cultura (2016), Galicia un relato no mundo (2019) ou o proxecto de sete exposicións Cidades no tempo (2023).
Tamén che pode interesar

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

05/10/2026
Acceso libre ata completar a capacidade

Os días 30/09/2026 ás 18:00 , 14/10/2026 ás 18:00 , 21/10/2026 ás 17:00
Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026
REQUISITOS
Inscrición previa
As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera.

09/11/2026
Acceso libre até completar capacidade

12/11/2026
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible