Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

SEN NUMERAR Primavera 2026 - CÁMARA ESCURA de José Luis Baños de Cos

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima coa súa crush nun contexto social como o que estamos a vivir?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/01/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €.

carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Alicia está namorada.

Alicia faise un selfie.

Alicia presiona enviar.

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.

Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.

Nun mundo eterno como é a rede, ¿cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que cada ano que pasa, as xeracións están expostas a crecer sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?

CÁMARA ESCURA fala das vítimas de ciberacoso que ven conducidas cara a un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpables que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de face ao futuro. CÁMARA ESCURA diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/vola as súas fillas e os seus fillos.

A través de Alicia, esa moza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

Autoría: José Luis Baños de Cos

Dirección: Sara Rey Seoane

Elenco: Andrea Blanco Dios, Ana San Fernando, Marcos Grandal Tojeiro

Compañía: Vórtice Escénico

Duración: 60 minutos

Público: a partir de 12 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión