Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Viñetas desde o Atlántico

Exposición con obras de Chloé Cruchaudet, Keko, Ana Oncina, Martín Romero, Alfonso Zapico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/08/2015 ata o 20/09/2015

Xa rematou

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Chloé Cruchaudet (Lyon, 1976)

Protagonista destacada da nova xeración de autores de cómic franco-belgas, Chloé Cruchaudet é unha autora que, como outros moitos, atopa a súa paixón polo cómic nas lecturas infantís propiciadas polos seus pais, libreiros naquela época.

 

KEKO (José Antonio Godoy Cazorla) (Madrid, 1963)

Un dos epígonos máis destacados da revista Madriz, canteira que serviu de preámbulo á carreira de moitos dos grandes autores de cómic na década dos oitenta, inicia a súa carreira artística estudando na Escuela De Artes y Oficios de Madrid e publicando os seus primeiros traballos de historieta na mencionada revista Madriz ou na última etapa da versión española de Metal Hurlant.

 

Ana Oncina (Elda, 1989)

Formada na Facultade de Belas Artes da Universidade Politécnica de Valencia, especializouse en animación, gravado calcográfico e ilustración. Pero atraída polo mundo da historieta, pronto comezou a publicar a través do seu blog tiras cómicas de corte costumista: gags inspirados no día a día que adquiriron unha nova dimensión cando decidiu conferir aos seus protagonistas trazos de alimentos antropomórficos. A idea xurdiu en marzo de 2013, durante unha viaxe a Berlín coa súa parella; e apenas un ano máis tarde, Ediciones La Cúpula publicou o tomo Croqueta y Empanadilla.

 

Martín Romero (Xión, A Coruña, 1981)

Formado nos campos de Deseño Gráfico e a Ilustración en Lugo e Barcelona, Martín revelouse como un historietista prolífico, especialmente activo no campo dos fanzines. Así, acumula experiencia en proxectos persoais como Cabezudo ou La Ratonera, ademais dos colectivos Fanzine Enfermo, Argh!, Gagarin, Smile, Bang!, Carne Líquida, Sangre Descafeinada ou Bile Noire.

 

Alfonso Zapico (Blimea, Asturias, 1981)

Titulado en Artes Plásticas e Deseño pola Escola de Arte de Oviedo, en 2006 comezou a súa carreira como profesional gráfico, abordando diferentes disciplinas. Así, no seu currículo figuran encargos de deseño, ilustración e animacións para axencias de publicidade, editoriais e institucións. Tamén colaborou con diarios rexionais asturianos e desenvolveu unha faceta docente a través da participación en diferentes proxectos educativos e talleres artísticos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión