Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Vooyeur, o sexo segundo Patricia Jordá

O Ágora acolle a representación da obra escrita e protagonizada pola actriz alacantina, unha comedia sobre sexo escrita e protagonizada pola alacantina Patricia Jordá que desde a súa estrea obtivo un grande éxito de crítica e público.

A quen vai dirixido?:

Espectáculo recomendado para maiores de 18 anos

'Vooyeur' é unha comedia sexual guiada por Lilith, a nosa mestra de cerimonias, que xira arredor de varias escenas eróticas tratadas con moito humor. O espectador converterase en voyeur, e desde a súa butaca poderá rir con distintas situacións que lle farán sentirse plenamente identificado cos personaxes. Os dilemas de parella, os tríos, a escuridade......¡ todo vale en 'Vooyeur'!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/10/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Vooyeur é unha comedia sexual guiada por Lilith, mestra de cerimonias, que xira arredor de varias escenas eróticas tratadas con moito humor. As persoas espectadoras converteranse en voyeur, e desde a súa butaca poderán rir con distintas situacións que lles farán sentirse identificadas cos personaxes. Os dilemas de parella, os tríos, a escuridade... Cada escena de Vooyeur é independente e os personaxes son diferentes peo todos comparten un trazo común: viven situacións con moita tensión sexual... que se resolven con moito humor.

O espectáculo arrincou con grande éxito na primavera de 2015 no Teatro Galileo de Madrid e pasou tamén polo Teatro Infanta Isabel e o Pequeno Gran Vía.

A autora da obra, Patricia Jordá, é psicóloga e sexóloga ademais de actriz, e concibiu unha obra na que se estimulaba non só a imaxinación dos protagonistas, senón tamén a das persoas espectadoras. A montaxe aborda esas intencións desde un punto de vista sexual, canalla, cómico e moi carnal. «A nosa experiencia expón unha idea de sexualidade global, que transcende os límites do corpo para conquistar o terreo da imaxinación, a creatividade e o xogo. Así, preténdense superar conceptos arcaicos que reducen o encontro sexual á xenitalidade e ao coito, abrindo unha marxe á experimentación a través de todos os sentidos e da expresión artística», asegura Jordá.

O personaxe de Lilith interprétao a propia Jordá, unha muller que os evanxeos apócrifos descubriron e que a historia se ocupou de ocultar. Jordá estará acompañada no escenario polos intérpretes Ían Malo, Fabia Castro, Alda Lozano e Rodrigo Ramírez.

Venda de entradas:

Despacho da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Ágora: só días de función desde unha hora antes do espectáculo

En liña: Ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Javier Martín

    TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

    Cando:

    17/04/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión