Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xosé Bocixa "A ameaza do cobre"

No día internacional do medio ambiente, a Asociación Veciñal Agra convida á proxección do documentario “A ameaza do cobre” e a un debate, para informar e reflexionar sobre o conflito da mina en Touro-O Pino.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/06/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde (até completar a capacidade)

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

"Queren encher a Galicia

de industrias contaminantes

e que o noso povo siga

a producir emigrantes."

Estrofa da Cantiga das Encrobas, de Manuel María

O elevado prezo do cobre no mercado anima a súa procura. As empresas Cobre S.Rafael e Atalaia Mining, que ten case o monopolio do negocio do cobre no Estado, pretenden reabrir a mina de cobre en Touro e O Pino; este proxecto non inclúe sequera un plan de restauración.

Sabemos que mina de Touro abandonada en 1986 aínda contamina os acuíferos, regatos e ríos que aflúen no Ulla e da Ría de Arousa. Quen se responsabiliza dos seus efectos na saúde, na economía?

Sabemos o que pasou hai vinte anos coas balsas de tóxicos en Aznalcóllar.

A promesa de postos de traballo para a nova explotación da mina (durante 13 anos) debe valorarse tendo en conta que as voaduras diarias con toneladas de explosivos, o uso de substancias nocivas, as balsas de lodos tóxicos etc. suporían a destrución das empresas da comarca (explotacións gandeiras, agrícolas,turísticas) que ocupan a tantas ou máis persoas, cun emprego máis diversificado e sostíbel a longo prazo.

Durante 55 minutos veremos o documentario dirixido e realizado por Xosé Bocixa (autor de "As Encrobas A ceo aberto", "Rosa de Corcoesto"...) e producido por Tingalaranga Audiovisual en colaboración con Nós Tv, en que ouviremos as voces científicas, da veciñanza, alcaldes e empresariado sobre o proxecto da mina en Touro e O Pino.

Logo faremos un debate xunto co director do documentario, membros da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, un representante de Nós Tv.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión