2 de enero de 2026
O espazo, que se abrirá proximamente á cidadanía, mantense acoutado de forma preventiva, para facilitar o crecemento do céspede
O Concello avanza coas tarefas de acondicionamento do parque do Observatorio, onde xa son visibles os novos espazos de lecer habilitados a carón da rúa Canceliña, que proximamente se abrirán á cidadanía.
A alcaldesa, Inés Rey, informou sobre os últimos traballos executados no parque, que segue acoutado cun valado perimetral, de forma preventiva, "co obxectivo de non obstaculizar o crecemento do céspede nas superficies que se adecuaron como áreas verdes".
Neste sentido, a rexedora apuntou á importancia de efectuar este paso correctamente, xa que a plantación das sementes tivo lugar xa avanzado o outono e a aparición da herba dáse co paso das semanas, polo que é fundamental evitar o pisado dos parterres ata a aparición do céspede, que tamén será segado antes de abrir o parque.
A apertura do parque do Observatorio foi un dos principais compromisos asumidos polo Executivo local neste mandato, co obxectivo de dar resposta ás demandas da veciñanza da Agra do Orzán. O primeiro paso para conseguilo foi obter a cesión da superficie lindeira ás instalacións da AEMET, que se acadou a mediados do ano pasado; posteriormente adaptáronse os novos valados interiores arredor do edificio do Observatorio; e, xa no último terzo do ano, o Concello acometeu a demolición dos muros perimetrais que impedían o acceso ao parque.
"Estamos traballando para que a súa apertura sexa o máis axiña posible, con todas as garantías. Por iso cómpre agardar unhas semanas máis ata que o céspede agrome e as tarefas nas áreas verdes estean completas", razoou Rey.
Bidueiros, entre as novas árbores que se suman ás xa existentes
Os traballos de reverdecemento no parque do Observatorio comezaron tempo atrás ao rozar a parcela obtida en réxime de concesión polo Concello. Xa a posteriori, plantáronse novos exemplares de plantas como abelias e euryops.
Ademais, ao longo destas últimas semanas tamén se plantaron novas árbores: ata un total de sete bidueiros, que se suman a exemplares máis maduros, doutras especies, que xa estaban na superficie do parque, como un metrosidero.

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible