19 de febrero de 2016
Claudia Delso participa no encontro, xunto a representantes da súa área de todo o Estado, no que estará presente Julian Assange, fundador de Wikileaks
A concelleira de Participación Cidadá e Innovación Democrática, Claudia Delso, desprazarase a Londres para intervir mañá na segunda edición do seminario internacional Hans Crescent Symposium “Beyond the Smart City: Towards a democratic alternative” (Máis aló da Smart City: cara unha alternativa democrática). A cita, que contará co xornalista e fundador de Wikileaks Julian Assange como anfitrión, celebrarase co obxectivo de analizar a formulación e desenvolvemento da Smart City como ferramenta democrática ao servizo do ben común. A responsable municipal exporá as principais liñas de traballo das políticas públicas locais e avanzará a potencialidade da Smart City para profundar na participación cidadá na Coruña.
Xunto a Delso tamén intervirán na mesa “Alternative Strategies: The Democratic and Common Cities of Change” (17.15 hora londinense) as e os representantes da súa área noutras cidades do Estado, como Pablo Soto (Madrid) e Gala Pin (Barcelona); ademais da profesora de Urbanismo e membro do goberno de Sao Paulo, Ermínia Maricato ou a socióloga Hilary Wainwright.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible