Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2016

A concelleira de Participación Cidadá intervén en Londres nun seminario que analizará a ‘Smart City’ como ferramenta democrática

Claudia Delso participa no encontro, xunto a representantes da súa área de todo o Estado, no que estará presente Julian Assange, fundador de Wikileaks

A concelleira de Participación Cidadá e Innovación Democrática, Claudia Delso, desprazarase a Londres para intervir mañá na segunda edición do seminario internacional Hans Crescent Symposium “Beyond the Smart City: Towards a democratic alternative” (Máis aló da Smart City: cara unha alternativa democrática). A cita, que contará co  xornalista e fundador de Wikileaks Julian Assange como anfitrión, celebrarase co obxectivo de analizar a formulación e desenvolvemento da Smart City como ferramenta democrática ao servizo do ben común. A responsable municipal exporá as principais liñas de traballo das políticas públicas locais e avanzará a potencialidade da Smart City para profundar na participación cidadá na Coruña.

Xunto a Delso tamén intervirán na mesa “Alternative Strategies: The Democratic and Common Cities of Change” (17.15 hora londinense) as e os representantes da súa área noutras cidades do Estado, como Pablo Soto (Madrid) e Gala Pin (Barcelona); ademais da profesora de Urbanismo e membro do goberno de Sao Paulo, Ermínia Maricato ou a socióloga Hilary Wainwright.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión