23 de mayo de 2025
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu aos oito clubs participantes, que compiten desde hoxe no pavillón de Monte Alto
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos oito equipos que participan esta fin de semana no Campionato de España Junior de Hóckey a Patíns, competición na que exercerá de anfitrión o Compañía de María, que organiza o evento coa colaboración do Concello. "Para o Goberno de Inés Rey é moi importante seguir a ser un referente na organización de competicións deportivas de todos os niveis e por iso estamos moi satisfeitos por acoller esta na nosa cidade", indicou Vázquez.
Nesta competición participan os mellores equipos do país en categoría Junior, é dicir, nados nos anos 2006 e 2007. A competición arrinca este venres no pavillón municipal de Monte Alto desde as 9.00 horas e prolongarase durante todo o día. O Compañía de María disputará os seus encontros ás 12.00 fronte ao Rochapea e ás 20.30 horas fronte ao Barcelona. O sábado, en horario de mañá, a fase regular culminará co Compañía de María-Las Rozas, ás 12.00 horas. As eliminatorias finais prolongaranse ata o domingo ás 13.30 horas, cando terá lugar a entrega de trofeos do torneo.
No acto de recepción celebrado en María Pita estiveron presentes representantes dos oito equipos participantes: Compañía de María, Ordes, Barcelona, Burgos, MDL, Igualada, Las Rozas, Rivas e Rochapea. Tamén estivo o vicepresidente da Real Federación Española de Patinaxe, Ignacio González Pereira, a presidenta da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez, e o presidente do Compañía de María, José Luis Otero.

26 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

23 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible