Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2026

Inés Rey traslada ao Básquet Coruña o apoio da cidade ante o seu regreso á Liga Endesa

A alcaldesa visitou esta mañá o equipo no Coliseum, a dous días da estrea ligueira ante o Barça

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou esta mañá no Coliseum o Leyma Básquet Coruña con motivo do inicio da tempada 2026-2027, na que o conxunto coruñés regresa á Liga Endesa. Rey estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, xunto con Miguel Valín, vicepresidente do club, e trasladoulle ao equipo e ao corpo técnico o apoio do Concello nesta nova etapa na máxima categoría do baloncesto español.

A visita produciuse a só dous días da estrea do Leyma na competición, este sábado 26 de setembro ante o Barça. "Comeza unha tempada moi especial para o Básquet Coruña e para toda a cidade, co equipo de novo entre os mellores despois de regalarnos no Coliseum un dos momentos deportivos máis emocionantes dos últimos anos", sinalou Inés Rey.

O Leyma recuperou a súa praza na Liga Endesa o pasado 7 de xuño precisamente no Coliseum, escenario da Final Four de Primeira FEB, tras superar ao Movistar Estudiantes por 97-100 na prórroga. O equipo, con Carles Marco á fronte do corpo técnico, vén de conquistar tamén a Copa Galicia tras impoñerse ao Río Breogán na final.

Rey puxo en valor o crecemento experimentado polo club e a súa identificación coa cidade e coa afección coruñesa. "O ascenso foi un éxito deportivo e tamén unha demostración da forza dunha afección que converteu o Coliseum na casa do equipo, que afronta agora un novo reto sabendo que terá detrás a toda unha cidade", concluíu a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión