21 de julio de 2026
O programa desenvolverase entre setembro e outubro con concertos, festivais temáticos, actividades familiares e propostas para todos os públicos promovidas polo Concello
O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo, impulsa unha nova edición de Son & Mar A Coruña, un ciclo cultural e musical que converterá o porto da cidade nun dos grandes escenarios do outono galego cunha programación composta por doce eventos entre os meses de setembro e outubro. A iniciativa combinará concertos, festivais temáticos, actividades familiares e propostas de acceso gratuíto, reforzando a posición da Coruña como destino de referencia para o turismo cultural e de eventos.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou este martes na presentación da programación. "Grazas ao impulso dado polo Goberno de Inés Rey, continuamos a reforzar o posicionamento da Coruña como unha cidade capaz de atraer grandes eventos ao longo de todo o ano, ampliando a oferta cultural máis aló da tempada estival e xerando novas oportunidades para o sector turístico e hostaleiro", indicou Castro, que destacou a confluencia das diferentes institucións públicas participantes (Concello, Autoridade Portuaria e Xunta de Galicia) para acadar un ciclo de tan alto nivel.
Ao longo de case un mes de programación, máis de trinta artistas locais, nacionais e internacionais participarán nunha proposta que aposta pola diversidade musical e pola creación de experiencias dirixidas a públicos de diferentes idades e intereses. O ciclo reunirá estilos como o pop, o indie, a música urbana, o reggaetón, a electrónica ou a música de raíz galega, sempre cun elemento común: a celebración da música xunto ao mar
Castro subliñou tamén que "este ciclo encaixa perfectamente na estratexia municipal de apostar por unha programación diversa, aberta a todos os públicos e capaz de combinar grandes nomes internacionais co talento galego, levando ademais a actividade cultural a un espazo tan singular como o porto da Coruña".
O ciclo arrancará o 18 de setembro coa actuación do recoñecido DJ e produtor italiano Gabry Ponte, unha das figuras internacionais máis destacadas da música dance, e continuará cun programa que inclúe propostas tan diversas como o Picapop Tardeo, as xornadas familiares de Mundo Juego, a fusión de música electrónica e flamenco de Sacro Mestiza, a cita urbana Dale Flow ou a festa internacional Bresh XXL.
A programación reserva tamén un espazo destacado para a creación galega a través de propostas como Orballo Cultural e Treboa Sonora, ao tempo que incorpora eventos gratuítos orientados á participación cidadá, consolidando Son & Mar como unha iniciativa cultural aberta e accesible. "O noso obxectivo é que a Coruña siga sendo un referente cultural no noroeste peninsular e que eventos como Son & Mar sirvan para atraer visitantes, dinamizar a economía local e ofrecer á cidadanía unha programación atractiva e de calidade", engadiu Gonzalo Castro.
A programación culminará o 11 de outubro coa celebración do Wake Up! Festival, unha gran festa dedicada á música electrónica que porá o broche final a un ciclo chamado a consolidarse como unha das principais citas culturais do outono galego.
Programación de Son & Mar A Coruña 2026

19 de julio de 2026

19 de julio de 2026

18 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible