6 de marzo de 2026
A feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos desenvolverase en EXPOCoruña ata este domingo e contará con máis de 130 expositores e un cento de actividades
A Coruña acolleu hoxe a inauguración dunha nova edición de BioCultura & Ecoturismo, a feira de produtos ecológicos e de consumo responsabl máis importante do país. O evento, que conta co apoio do Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo e Congresos da cidade, desenvolverase ata este domingo en EXPOCoruña.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou no acto de apertura xunto con numerosos asistentes, que puideron visitar ata 130 expositores dedicados a diferentes sectores. "Biocultura non é só una feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable máis importante de España, senón que é un punto de encontro de carácter internacional ao redor dos sectores da alimentación bio, a moda sostenible, o ecoturismo ou o eco-estilo de vida", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo Gonzalo Castro.
Durante os próximos días agárdase que milleiros de persoas se acheguen ata Biocultura para descubrir as novidades do turismo sostible e participar en máis de 120 actividades. Un congreso que reforza A Coruña dentro do sector do turismo MICE. "É xusto mencionar que a aposta do goberno local, que comanda Inés Rey, funcionou. Somos un lugar referente na acollida de grandes congresos en el Noroeste Peninsular", destacou Castro. No 2025, A Coruña acolleu 82 eventos relacionados co sector de congresos e feiras, atraendo á cidade máis de 116.000 persoas.
Na mañá desta primeira xornada de feira o público puido participar nun showcooking sobre os beneficios da dieta con aceite de oliva virxe extra bio e noutro sobre cosmética econatural especializada. Tamén houbo degustación de produtos bio para almorzos ou merendas e o uso de algas no día a día.
Pola tarde continuará a programación con formacións e charlas. sobre a talasoterapia, a meditación ou como limpar o fogar sen tóxicos. Ecoturismo enmárcase nas actuacións que está a promover na cidade o Goberno de Inés Rey, como a celebración dos mercados ecolóxicos que se celebran periodicamente nos distintos barrios e que buscan tamén levar á cidadanía os productos de cercanía e da mellor calidade.

29 de abril de 2026

29 de abril de 2026

28 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible