24 de julio de 2026
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na apertura do encontro organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol
A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), no que participan 110 árbitros e árbitras das principais competicións nacionais: Primeira División, Primeira División Feminina e Segunda División.
O encontro reúne na cidade ao colectivo arbitral das máximas categorías do fútbol sala español para preparar a nova tempada, unificar criterios técnicos e compartir sesións de formación.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na apertura do seminario en representación do Concello e deu a benvida ás persoas asistentes.
"É unha satisfacción que A Coruña acolla un encontro desta relevancia para o fútbol sala español", sinalou Vázquez.
O edil destacou tamén o papel do colectivo arbitral no desenvolvemento das competicións. "O voso traballo é fundamental para garantir o respecto, a igualdade e o xogo limpo", afirmou.
Manuel Vázquez agradeceu ao Comité Nacional de Fútbol Sala a elección da cidade como sede deste seminario e reiterou o compromiso do Concello coa organización de eventos deportivos de ámbito estatal.
A celebración deste encontro reforza a aposta do Goberno de Inés Rey por consolidar A Coruña como sede de congresos, competicións e citas deportivas de referencia, contribuíndo á proxección da cidade e ao impulso da súa actividade deportiva.

24 de julio de 2026

22 de julio de 2026

21 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible