5 de noviembre de 2024
Inés Rey: “Unha mostra de que a cidade recuperou o seu liderado en materia de turismo MICE como sede de grandes eventos”
O evento volve á cidade case unha década despois, cunha conferencia inaugural a cargo de Nadia Calviño
A Fundación CEDE-Confederación Española de Directivos e Executivos presentou o XXIII Congreso de Directivos, que terá lugar o próximo 28 de novembro en Palexco. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a presentación do evento e destacou que o Congreso CEDE volva á cidade herculina: "Case unha década despois, A Coruña volve acoller este importante congreso, unha mostra da cidade recuperou o seu liderado en materia de turismo MICE como sede de grandes eventos", asegurou. Tamén interviron Ramón Adell, vicepresidente da Fundación CEDE e Patricia Villajos, xerente del Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) de la Xunta de Galicia.
Baixo o lema "Liderazgo en tempos de intelixencia artificial", a edición deste ano citará a diversas persoas expertas, directivas e líderes co obxectivo de abordar a situación actual e o futuro económico, poñendo a énfase ademais na importancia das novas tecnoloxías e a innovación. O Congreso de Directivos CEDE posicionouse como unha cita ineludible, converténdose no evento de referencia para empresarios e empresarias de todo o país.
Rey quixo subliñar a importancia que ten a innovación no sector empresarial coruñés, coa Cidade das TIC e a AESIA como exemplos: "Un dos grandes retos das empresas é incorporar as TIC e a IA desde unha perspectiva sostible e respectuosa cos traballadores e traballadoras, sendo unha ferramenta de apoio no avance e mellora da produción", sinalou.
Nesta edición, a conferencia inaugural será a cargo de Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos. Ademais, o programa conta con destacados relatores e relatoras do mundo da empresa, e a innovación, como Isidro Fainé, Presidente da Fundación CEDE; Amparo Alonso, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña; José María Álvarez Pallete, presidente de Telefónica; Juanjo Cano, presidente de KPMG en España; ou Héctor Flórez, presidente de Deloitte España.

18 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible