Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de diciembre de 2025

A Coruña será esta semana referente do deporte con máis dunha ducia de eventos para todos os públicos

A cidade acollerá competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional en disciplinas como hóckey, fútbol, boxeo, ximnasia, voleibol, escalada, pelota vasca e baile deportivo, cun importante impacto económico e social

A cidade da Coruña converterase dende hoxe nun referente do deporte a nivel autonómico e estatal, cunha ampla programación de citas deportivas que abarcan disciplinas tan dispares como a ximnasia rítmica, o boxeo, o baile deportivo, a escalada ou o hockey sala. 

Agárdase a chegada de milleiros de participantes e visitantes procedentes de puntos tan dispares como Lisboa, Alcorcón, Torrelavega, Avilés, Manlleu, Donosti, Mallorca, Gijón, Terrasa, Bilbao ou Almería se acheguen á cidade tanto como participantes como acompañantes, nunha semana que volve demostrar o potencial da Coruña como cidade líder na práctica deportiva. 

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, sinalou que A Coruña "volve se converter nun gran escenario deportivo en diferentes instalacións municipais por todos os barrios, como no Coliseum, pavillóns do Ventorrillo, dos Rosais, do Barrio das Flores ou da Sagrada Familia, o Palacio dos Deportes, o Rocodromo de Riazor, o Frontón da Torre ou o Estadio Municial de Riazor, cunha semana chea de propostas para todos os públicos". E conclúe: "A combinación de deporte de base, eventos nacionais e probas tan especiais como o baile deportivo, fai que esta programación represente os valores que queremos impulsar desde o Goberno de Inés Rey".

Xoves 11 de decembro

WSE Champions League - Hockey Club Liceo vs Sporting CP

  • Palacio dos Deportes de Riazor | 20.00 h
  • Partido oficial da máxima competición europea de hóckey a patíns. O Liceo enfróntase ao Sporting Clube de Portugal, un dos equipos máis potentes do continente.

Venres 12 de decembro

Velada de boxeo

  • Centro Egeo CrossBoxing (Polígono de Pocomaco) | 19.00 h
  • Combates federados de boxeo olímpico con participación de clubs galegos.

III Torneo de Nadal de Frontenis Pre-Feminino

  • Frontón da Cidade Deportiva da Torre | 18.00 h
  • Competición organizada polo Club de Pelota da Coruña.

Sábado 13 de decembro

I Copa Deputación de Baile Deportivo

  • Palacio dos Deportes de Riazor | 10.00 - 21.00 h
  • Primeira edición puntuable para o ránking nacional. Unha cita inédita en Galicia onde participan máis de 300 deportistas de toda España e Portugal. 

X Open Cidade da Coruña de Escalada - Nadal 2025

  • Rocódromo de Riazor | 08.00 - 16.00 h
  • Festival-exhibición de escalada dirixido á base, con máis de 100 participantes de entre 5 e 18 anos. Organiza AMI. Entrega de diplomas e sorteos ás 15.00 h.

Gala de Nadal - Club Ximnasia Rítmica Coruña

  • Pavillón municipal dos Rosais
    • Turno 1: 11.00 - 11.45 h
    • Turno 2: 13.15 - 14.15 h

Sector Nacional de Hockey Sala Cadete Feminino - Día 1

  • Pavillón do Ventorrillo | Desde as 15.00 h
  • Participan:
    • Escola A Coruña
    • RGC Covadonga (Xixón)
    • CD Terrassa
    • RC Jolaseta (Bilbao)
    • CH Pechina (Almería)

Copa de Galicia de Pelota Vasca - Campionato de Clubs 2025

  • Frontón da Torre | 11.30 h
  • Modalidades: paleta de coiro e pala curta. Competición oficial da Federación Galega de Pelota.

Voleibol feminino - Superliga 2

  • Pavillón do Barrio das Flores
  • Zalaeta vs Torrelavega
  • Durante a xornada celebrarase tamén un acto conmemorativo polo 50 aniversario do Club Zalaeta.

Fútbol - RC Deportivo vs Real Sociedad B

  • Estadio Municipal de Riazor | 21.00 h
  • Partido da xornada de liga da Liga Hypermotion.

Hóckey a patíns - OK Plata masculina

  • Pavillón da Compañía de María | 18.00 h
  • Compañía de María vs CP Manlleu

Fútbol - Montañeros vs SD Compostela

  • Campo municipal | 16.00 h
  • Partido de liga con presenza de grupos de afeccionados visitantes.

Domingo 14 de decembro

Sector Nacional de Hockey Sala - Día 2

  • Pavillón do Ventorrillo | 09.00 - 13.40 h
  • Xornada final da liguiña clasificatoria.

Campionato de Wushu

  • Polideportivo da Sagrada Familia | 10.00 - 14.00 h
  • A cita reunirá a deportistas de distintas idades e niveis da comunidade galega nunha xornada matinal con acceso libre ao público.

Gala de Nadal - Club Ximnasia Rítmica Milenium

  • Pavillón dos Rosais | Hora por confirmar
  • Exhibición con participación das ximnastas do club en distintas categorías.

Hóckey a patíns feminino 

  • Pavillón do Agra II | 12.00 h
    • Hockey Club Liceo vs Lleida Llista Blava
    • CP Marineda vs CP Alcorcón

Voleibol feminino - Primeira División Nacional

  • Pavillón do Barrio das Flores
  • CV Ciudad de A Coruña vs La Curtidora

Hóckey a patíns - OK Liga masculina

  • Palacio dos Deportes de Riazor | 12.00 h
  • Hockey Club Liceo vs PONS Lleida
  • Partido correspondente á máxima categoría nacional.

Martes 16 de decembro

Fútbol - Copa do Rei: Deportivo vs RCD Mallorca

  • Estadio ABANCA-Riazor | 19.00 h
  • Partido de dieciseisavos de final do torneo.

Mércores 17 de decembro

Baloncesto - Leyma Coruña vs COB Ourense

  • Coliseum da Coruña | 20.45 h
  • Derbi galego correspondente á Primeira LEB. O equipo coruñés recibe ao Club Ourense Baloncesto nun encontro clave da tempada.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión