9 de julio de 2025
Xa se están a ultimar os preparativos para acoller o Campionato Galego Sénior e o IV Trofeo Cidade da Coruña, incluído no Circuito Nacional de Vólei Praia. As dúas citas terán lugar na praia de Riazor
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou no acto de presentación da quinta edición do programa 'A Coruña é Vólei Praia', unha iniciativa na que o Concello colabora coa Federación Galega de Voleibol para reunir na praia do Riazor unha das citas deportivas estivales máis esperadas que reúne ás e aos mellores xogadores da modalidade.
As competicións previstas arrancarán esta fin de semana. Concretamente, o sábado 12 e o domingo 13 de xullo, cando terá lugar a competición do IV Trofeo Cidade da Coruña, unha proba incluída no Circuito Nacional de Vólei Praia e na que está prevista a participación doutro cento de profesionais do vólei praia. Será, unha vez máis, na praia de Riazor, con partidos tanto o sábado, en horario de mañá e tarde, coma o domingo, en horario matinal.
Xa a vindeira semana, entre os días 19 e 20 de xullo, será cando terá lugar o Campionato Galego Sénior, coa participación tamén de case un cento de deportistas tanto en modalidade feminina coma masculina.
Manuel Vázquez puxo en valor o compromiso do Goberno de Inés Rey para posicionar A Coruña como unha cidade de referencia a respecto ao desenvolvemento de eventos deportivos en espazos naturais, "A Coruña é Volei Praia xa é un clásico estival que se convertiu nunha cita moi esperada polo público que volverá a encher as gradas da Praia de Riazor. Este torneo define á perfección a idea da nosa alcaldesa de aproveitar as localizacións ao aire libre para fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables, visibilizando disciplinas en auxe coma o vólei praia e achegándoas á cidadanía, tanto aos adultos coma aos máis pequenos".
No acto de presentación de 'A Coruña é Vólei Praia' tamén participaron: José Ángel Luna (presidente da Federación Galega de Voleibol); José Luis Fernández (director de Comunicación de Gadisa); Tania Cobos (representante do A.D. Liceo); Nicolau Santos (CV Zalaeta); Luis Miguel Fernánde (CV Ciudad de A Coruña) e Sebastián Fernández (Coruña Beach Club).

26 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

23 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible