Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de julio de 2022

Baixo o título ‘María Casares: da Coruña a Residente Privilexiada’, este programa repasa tres momentos vitais da actriz

A exposición ‘María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada’ encara as súas últimas semanas coa gravación dun ‘podcast’ autobiográfico

Outras das actividades que continúan durante este mes son as visitas teatralizadas ao teatro Colón, percorridos dramatizados pola exposición ou lecturas públicas de textos de Casares

A exposición 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada' pechará as súas portas este 25 de xullo no Quiosco Alfonso. Nestas últimas semanas continuarán as diferentes actividades paralelas para dar a coñecer máis en profundidade á cidadanía a figura desta grande actriz de orixe coruñés.

Unha delas son os 'podcast' que contan coa participación da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e que levan por nome 'María Casares: da Coruña a Residente Privilexiada'. Trátase de tres programas que están conducidos por María Lopo, comisaria da exposición, e nos que se traza unha liña vital que permitirá indagar na historia da actriz.

A primeira das sesións celebrouse este pasado 5 de xullo e contou coa participación da actriz Cora Velasco, que foi a encargada das lecturas. Baixo o título 'A Coruña e Galicia' fixose un repaso dos primeiros anos de vida de María Casares. A segunda das sesións será o 12 de xullo, a partir das 19.00 horas, no auditorio do segundo andar do Quiosco Alfonso. Levará o título de 'Exilio' e narrará os dous exilios que viviu a actriz, o que a levou da Coruña a Madrid e o posterior a Francia. Nesta ocasión, será a actriz Rebeca Solla quen poña voz ás memorias de María Casares. A última das sesións deste 'podcast' será o 19 de xullo, tamén ás 19.00 horas no Quiosco Alfonso. Baixo o título 'Teatro' a actriz María Francelina será a encargada de narrar o inicio e o desenvolvemento da prolífica carreira artística de María Casares en Francia.

Estes tres programas, de acceso libre, editaranse e publicaranse posteriormente nas múltiples plataformas dixitais, tendo cada un unha duración aproximada de 40 minutos. Durante as sesión ás persoas asistentes contarán cun calidoscopio que repasa a vida de María Casares

Máis actividades este mes

Outra das grandes actividades programadas neste Ano Internacional María Casares é 'Descubre o Colón con María Casares'. Trátase de visitas teatralizadas ao teatro para amosar os seus 74 anos de historia a través da figura da actriz coruñesa. As visitas ao Teatro Colón con María Casares realizaranse en grupos de ata 20 persoas os sábados e domingos das fins de semana do 16 e 17, 23 e 24, e 30 e 31, con dúas visitas cada día, ás 11.00 horas e ás 12.30 horas. A duración estimada de cada unha é de 50 minutos. As inscricións xa están abertas a través do teléfono 722 876 073 ou no correo electrónico visitateatrocolon@gmail.com.

Por outra banda, dentro da programación da exposición do Quiosco Alfonso, este 21 de xullo celebrarase a última das sesións de diálogos teatralizados, que consisten nunha dramatización do club de Teatro Lido da Biblioteca da Sagrada Familia. Aínda quedan tamén sesións das visitas guiadas teatralizadas pola exposición, que serán o 13 e o 20 de xullo. 

Ano Internacional María Casares

A mostra 'María Casares, actriz océano' é o eixe central do Ano Internacional María Casares. Esta iniciativa do Concello da Coruña xorde coa intención de identificar á actriz coa súa cidade natal, mais tamén co obxectivo de recuperar a memoria do exilio coruñés, situar A Coruña en Francia a través da súa figura, visibilizala como a muller independente que foi e amosar a cultura como un ben común. María Casares, nada na cidade en 1922, marchou da Coruña a Madrid con só oito anos, para despois exiliarse en Francia, onde chega a ser a gran dama do teatro francés do século XX. Foi unha referencia das vangardas artísticas e un exemplo de compromiso ético, político e social.

Entre os actos que se celebran, ademais desta mostra, destacan a creación dunha biografía en banda deseñada, unha exposición itinerante polas bibliotecas municipais, un documental e un encontro internacional. O Goberno municipal de Inés Rey continúa deste xeito visibilizando ás grandes figuras femininas da cidade, como foi o caso, o pasado ano 2021, de Emilia Pardo Bazán.

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión