2 de julio de 2025
A mostra estará aberta ao público na Casa Museo María Pita ata o 29 de xullo
A Casa Museo María Pita acolle desde este mércores 2 de xullo a mostra 'Elas' da pintora coruñesa Geni Ramil, que afonda na muller galega de fai un século. "Desde o Goberno de Inés Rey ofrecemos espazos ás creadoras coruñesas para que o seu arte chegue a toda a cidadanía a través dunha rede de espazos culturais municipais de primeiro nivel", señala o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. A mostra poderá visitarse de balde ata o 29 de xullo.
Nesta exposición Geni Ramil é inspirada polo traballo da fotógrafa Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa que recibiu o encargo da Hispanish Society of America de retratar as costumes de Galicia a principios do século XX. A pintora da Coruña constrúe un retablo da muller do rural de fai cen anos. Cos seus panos na cabeza e profundas engurras de caras queimadas de sol a sol, estas mulleres faenan no mar, sachan a terra, crían as fillas e comercian co gando. Cos maridos fóra, por mor da emigración, o país sostíñase enriba dos seus lombos. Eran as que soportaban o peso do leite e as galiñas na cabeza, as que ficaban todo o día dobradas e apañaban no chan o que tocase. É tempo de observalas, de pensalas. A vida da Galicia de entón é a vida das súas mulleres.
Geni Ramil é unha pintora autodidacta que, desde fai 30 anos, traballa nas súas obras o estilo realista e impresionista e que utiliza a fotografía para mellorar a precisión e a composición das súas pinturas. Abrangue unha variedade de temas como a anatomía humana, escenas da vida cotiá, a arquitectura urbana e a natureza, sobre todo flores e plantas. Nos seus comezos estudou con Monserrat Juárez e Victoriano Fernández, e asistiu a clases maxistrais de Quintana Martelo. Entre os seus pintores de referencia atópanse Paul Cézanne, Joaquín Sorolla, John Singer Sargent, Georgia O'Keeffe, Johannes Vermeer, e no que respecta a pintores actuais, Antonio López, Ricardo Galán Urrejola, Mark Lagüe e Quintana Martelo.

19 de mayo de 2026

15 de mayo de 2026

13 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible