9 de septiembre de 2025
A proba do circuíto Coruña Corre celebrarase este domingo e percorrerá os barrios dos Castros, O Castrillón e Eirís
O circuíto de carreiras populares Coruña Corre regresa este domingo 14 de setembro tras o parón de verán coa Volta a Oza. Esta segunda parte da tempada inclúe tres probas ata finais de ano.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, celebrou que máis de 1.200 persoas confirmasen a súa participación nesta proba. "Unha vez máis, os barrios son protagonistas da programación deportiva do Concello. Coruña Corre é un programa fundamental para o Goberno de Inés Rey, e non só por promover os hábitos de vida saudable a escala interxeracional, senón tamén porque lles dá moita vida aos distritos nos que se compite", indicou Vázquez.
A Volta a Oza é unha das carreiras máis especiais do circuíto polo peculiar do seu percorrido. Con saída desde o parque de San Diego, pasa polos Castros, o parque de Eirís e O Castrillón, e alterna treitos de asfalto e terra por rúas de fortes pendentes, como a avenida da Concordia e a rolda de Outeiro.
As persoas interesadas en participar na carreira poderanse inscribir na páxina web de Coruña Corre ata as 23.59 horas deste domingo 7 de setembro.
Daniel Bardanca e Noelia Souto lideran o circuíto, a falta de tres probas por disputar
A tempada Coruña Corre 2025 rematará o 23 de novembro. Ata entón, as persoas inscritas no conxunto do circuíto pelexarán polo triunfo final con só tres probas por disputar: a Volta a Oza (14 de setembro), a carreira popular do Ventorrillo (26 de outubro) e a carreira popular de Novo Mesoiro (23 de novembro).
Tras completarse a primeira metade do calendario, o circuíto está liderado actualmente por Daniel Bardanca, á fronte da categoría masculina absoluta e seguido de preto por Víctor Cortés e Diego Valcarce. Na categoría feminina absoluta, Noelia Souto segue posicionada como a primeira da clasificación, con Vanessa Hervada e Yuli Nestsiarovich como segunda e terceira na táboa, respectivamente.

30 de noviembre de 2025

21 de noviembre de 2025

17 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible