16 de abril de 2026
As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre tamén deberán confirmar a súa asistencia na páxina web
O circuíto de carreiras nos barrios Coruña Corre celebrará a súa terceira proba o domingo 10 de maio coa XVII Baixada Popular de San Pedro de Visma, unha das carreiras máis esixentes do circuíto. As inscricións tanto para esta proba como para o conxunto do circuíto xa están abertas e as persoas interesadas poderán formalizar a súa participación ata o domingo previo, o 3 de maio. As persoas inscritas no circuíto deberán confirmar tamén a súa asistencia en www.corunacorre.com.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a cidadanía a participar na proba, "unha das máis atractivas do calendario pola configuración do trazado, con subida e percorrido polo parque de Bens, combinando asfalto e sendas de terra". "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos dando pasos para mellorar este circuíto, único en Galicia, que cada ano suma novos barrios e melloras nos percorridos", indicou Vázquez.
Serán case 6,5 quilómetros cun punto de control a medio camiño, no quilómetro 3,6. A partir do quinto, as e os participantes enfilarán o descenso pola estrada de Mazaído a Visma, e chegarán á meta na recta principal de San Pedro de Visma.
Como xa é habitual, a carreira do domingo 10 de maio sairá desde o cruzamento entre as rúas San Pedro de Visma e Aguillón, na contorna do centro cívico municipal. As e os participantes en categoría absoluta arrincarán motores ás 10.00 horas, e xa a partir das 11.15 comezarán as saídas progresivas das categorías inferiores, desde a sub-18 ata os peques.

10 de abril de 2026

4 de abril de 2026

17 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible