30 de septiembre de 2023
Ofértanse prazas en tres talleres: sobre Intelixencia Artificial aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural, e outro sobre creatividade e innovación
O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, abriu este sábado o prazo de solicitude para participar nos obradoiros formativos incluídos na programación do 'Mobile Culture', unha xornada interactiva sobre arte, cultura e novas tecnoloxías que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora o sábado 7 de outubro.
Esta iniciativa vai dirixida ás e aos profesionais do tecido cultural da cidade e, en xeral, á cidadanía interesada nas actividades e coloquios que terán lugar no evento, orientadas á innovación dixital en termos culturais e artísticos.
O 'Mobile Culture' cofinanciado a través do programa europeo Erasmus+, terá lugar na aula 9 do Ágora en horario de mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Durante a xornada, as persoas asistentes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos sobre Intelixencia Artificial (IA) aplicada á promoción cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural e outro sobre creatividade e innovación.
Cada persoa poderase inscribir nun dos tres obradoiros previstos, formalizando a súa solicitude na ficha do Mobile culture: xornada interactiva sobre arte, cultura e novas tecnoloxías .
A pasarela en liña para reservar praza nos talleres habilitouse hoxe, ás 10.00 horas, e o prazo pecharase ás 10.00 horas do venres 6 de outubro.
O cronograma do programa da xornada é o seguinte:
O evento 'Mobile Culture', que tamén se formula como unha oportunidade para interconectar a traballadoras e traballadores pertencentes ao tecido cultural local, reforza o abano de propostas formativas que está a impulsar o Goberno de Inés Rey en materia cultural e tecnolóxica, creando sinerxías de interese con perspectivas de futuro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible